🎵

VOLTAREI

Album: Hard GZ Durasi: 2:55

Visto a cores do ceo, vou lonxe traballar

Se souberas canto che quero, non me deixarías marchar

Canto custa o diñeiro? Se co tempo teño que pagar

Volta de novo ó estranxeiro, volta de novo ao fogar

Lento, morro por dentro se non estás

Sigo escoitando no vento o teu acento, o teu cantar

Leva consigo un lamento, un segredo gardado no tempo

Orgullo que medra no peito, somos da costa, somos do mar

Lento, morro por dentro se non estás

Sigo escoitando no vento o teu acento, o teu cantar

Leva consigo un lamento, un segredo gardado no tempo

Orgullo que medra no peito, somos da costa, somos do mar

Fillos do sal e do monte, petos baleiros fuxen da morte

Fame en Galicia, pura miseria da miña familia (miña familia)

Fillos do sal e do monte, bocas famentas comen do Norte

Voltar de fronte, á miña casiña, a familia que nunca se rompe

Al horizonte marchan los pobres, van pa'l acero, van pa' los barcos

Pan para el pueblo, pan pa' la ría, pa' voltar cunha chea de cartos

As mulleres con dobre papel, criando soíñas no campo

Viudas de vivos levando o fouciño na man e coidando de tantos

Entre as nubes, na miña terra, choiva, néboa

Ceo celeste, sangue celta, voltar e sentir unha aperta

Na chaqueta unha foto que pesa, non podo esquecer a promesa

E deixar que me leve a tristeza sen loitar por manter afouteza

Mariñeiro, emigrante, pedíndolle á Virxe do Carme

Que lo proteja, que no les falte hasta que las manos aguanten

Pra o navegante, o que está fóra, que sigue adiante, busca melloras

Tempos de antes son como agora, deixan aos fillos aínda que doa

Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei)

Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei)

Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei)

Voltarei, voltarei, voltarei (voltare-e-e-e-ei)